WINE BAR E GASTRONOMIA DE LAS BRASAS

PROMOTOR: JARDINES DE CASALNOVO S.L. Nº EXPEDIENTE: L23-1920-17-0224 SITUACIÓN: LG OS BARREIROS, Santa María Caldas. Caldas de Reis DESCRICIÓN: Coa posta en marcha do presente proxecto, a entidade XARDÍNS DE CASALNOVO SL pretende poñer en marcha un proxecto de apertura dun WINE BAR E GASTRONOMÍA DAS BRASAS na zona dos xardíns do PAZO CASALNOVO, en…

RESTAURACIÓN DA FONTE DA TAFONA

PROMOTOR: CONCELLO DE CALDAS DE REIS Nº EXPEDIENTE: L23-1920-17-0223 SITUACIÓN: Caldas de Reis, Santa María de Caldas de Reis, Caldas de Reis DESCRICIÓN: A restauración patrimonial dos diferentes elementos e patoloxías relatadas se afrontarán mediante diferentes e especializadas tarefas de reparación da cantería, ferrería, instalacións e adecuación urbana dos espazos inmediatos que os conforman. Tratarase…

LOS JARDINES DE CASALNOVO

PROMOTOR: JARDINES DE CASALNOVO S.L Nº EXPEDIENTE: L21-1920-17-0167 SITUACIÓN: Lgar os Barreiros s/n – Caldas de Reis – Pontevedra DESCRICIÓN: Inversión produtiva poñendo en marcha a rehabilitación de unhas instalacións para convértelas nun Restaurante, que coa súa creación dea lugar a un espazo polivalente, onde se levarán a cabo eventos de diversa tipoloxía (celebracións, congresos,…

COMPLEXO RURAL OLIVO DOS REIS

PROMOTOR: OLIVO DOS REIS S.L Nº EXPEDIENTE: L21-1920-17-0169 SITUACIÓN: Santa María de Godos – Caldas de Reis DESCRICIÓN: Creación dunha pensión rural de 1 estrela composta por 11 bungalós para pernoitar, celebración de eventos, concertos ao aire libre, reunións de traballo, a vez que se desfruta dun lugar tranquilo e moi agradable. A parcela consta…

PROXECTO DE MELLORA SOCIAL CON PISTA DEPORTIVA E RECUPERACION DO PALOMAR E O SEU ENTORNO

PROMOTOR: CMVMC DE GODOS Nº EXPEDIENTE: L19-1920-17-0121 SITUACIÓN: Calcote, Sta. María de Godos, Caldas de Reis DESCRICIÓN: A iniciativa contempla dúas accións próximas no espazo. Por unha banda a recuperación do palomar dentro da propiedade da Igrexa de Santa María de Godos e conta con autorización do Bispado, incluíndo a mellora da contorna que soporta…

ADQUISICION MAQUINA CANTEADORA

O proxecto consiste na adquisición dunha máquina canteadora, para así dispoñer de maquinaría punteira e da tecnoloxía máis avanzada, que permita innovar cada día para aportar as mellores solucións a cada proxecto e cliente. Trátase dunha máquina que permite pegar nos mobles os cantos, tanto de melamina, pvc, madeira, formica, dunha maneira perfecta e de fácil manexo. A canteadora é decisiva para conseguir un aspecto de calidade nos mobles.

AMPLIACIÓN LOCAL COMERCIAL CON AULA DIDACTICA

O proxecto consiste na ampliación e modernización das instalacións existente dedicadas a oficinas e a atención comercial ó publico coa implantación dunha aula para demostracións aos clientes da propia actividade da empresa. Con isto preténdese dar un mellor servicio ó cliente e facilitar a súa accesibilidade e a das mercancías. Tamén se incrementaría o valor engadido ó cliente coa instalación da aula didáctica para formación dos clientes e demostración da aplicación dos produtos. Aumentase a visibilidade do produto da empresa, o aforro de custes enerxéticos en electricidade e en xeral conseguirase unha maior satisfacción do cliente, unha maior visibilidade do produto para que favoreza un incremento das ventas e unha maior comodidade dos traballadores que se traduce nunha maior produtividade.

PROXECTO AREA RECREATIVA DE CALCOTE, SENDA DO POUSADOIRO E DO REGUEIRO

O proxecto atópase na parroquia de Santa María de Godos, no concello de Caldas de Reis, en concreto no monte comunal de Godos. A iniciativa se pode dividir en tres partes, por unha banda unha área recreativa no lugar de Calcote, nunha parcela con apenas relevo, que está moi preto do cruceiro do Calcote e das vivendas dos comuneiros, onde se pretende colocar un parque infantil e unha zona de esparcemento, incluíndo unha plantación de especies ornamentais, en segundo lugar, a recuperación da subida pola regueira ata o Alto do Pousadoiro, onde antes se tiña unha masa de eucalipto e agora se pretende localizar unha pequena plantación de especies frondosas ás beiras da senda forestal, e por ultimo, outro treito de senda polo curso fluvial, comunicando o muiño cunha casa de turismo rural. O proxecto inclúe un total de 4.144 metros lineais.