PROMOTOR: CONCELLO DE CALDAS DE REIS
Nº EXPEDIENTE: L23-1920-17-0223
SITUACIÓN: Caldas de Reis, Santa María de Caldas de Reis, Caldas de Reis
DESCRICIÓN:
A restauración patrimonial dos diferentes elementos e patoloxías relatadas se afrontarán mediante diferentes e especializadas tarefas de reparación da cantería, ferrería, instalacións e adecuación urbana dos espazos inmediatos que os conforman. Tratarase dunha lóxica restauradora tanto do seu novo emprazamento coma do ben no sentido máis amplo para lévalo a un estado arquitectónico similar ao orixinal dende onde comezar un punto cero de mantemento. Así se expón unha actuación previa de adecuación urbana no novo emprazamento de mellora da escena da nova implantación para recibir, logo do desmonte controlado e vixiado por restaurador competente do ben, o seu recoloque para proceder á realización dos traballos de carácter estritamente restauradores nos apartados construtivos dos materiais que conforman o ben, cantería e ferrería. Igualmente se expón un análise e reparación da estanquidade e funcionamento actual dende a perspectiva dos caudais e da humanización e mellora, mediante amoblamento urbano e arborización, da nova envolvente.

ORZAMENTO TOTAL: 48.485,11 €
AXUDA CONCEDIDA: 20.363,75 €
PORCENTAXE DA AXUDA: 42,00%