¿QUE É O GDR SALNÉS-ULLA-UMIA (GDR 17)?
O GDR Salnés-Ulla-Umia é unha asociación sen fin de lucro constituída polo conxunto de institucións públicas e entidades privadas, dos ámbitos económico, social, cultural, veciñal, medioambiental e profesional, que desexen implicarse no programa Leader do territorio. Somos o GDR 17.
O ámbito territorial do GDR Salnés-Ulla-Umia comprenderá os seguintes concellos: Caldas de Reis, Cambados, Catoira, Cuntis, O Grove, A Illa de Arousa, Meaño, Meis, Moraña, Pontecesures, Portas, Ribadumia, Sanxenxo, Valga, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa.
O GDR funcionará respectando o principio de “portas abertas”, de tal modo que, tanto na súa constitución como con posterioridade a mesma, admitirá a calquera entidade con implantación na comarca que desexe participar neste proxecto común e cumpra os requisitos para ser Socio.
GDR SALNES ULLA UMIA
Últimas Novas GDR Salnés Ulla Umia
GDR SALNÉS-ULLA-UMIA
OS NOSOS PROXECTOS EN VÍDEO
Visita a zona de proxectos ou o nosa canle de Youtube para poder ver os proxectos rematados en vídeo.
2
Mapa de distribución de Grupos de Desenvolvemento Rural no territorio galego – Definitivo para Leader Galicia 2014 – 2020
3
Bases reguladoras para a selección de estratexias de desenvolvemento local e selección e recoñecemento dos GDR como entidades colaboradoras
TERRITORIO
Segundo figura nas bases reguladoras para a selección de Estratexias de desenvolvemento local para a aplicación do Programa Leader de Galiza 2014-2020, coa finalidade de estender a aplicación da metodoloxía Leader o máximo posible, proponse como territorio elixible todo o territorio rural galego, coa excepción das entidades singulares de poboación que superan os 6.000 habitantes nas provincias atlánticas da Coruña e de Pontevedra (nas provincias de Lugo e Ourense este límite increméntase ata 10.000 habitantes).
Deste xeito quedan excluídos os núcleos urbanos de Cambados, O Grove, e Vilagarcía de Arousa.
Funcións do GDR
O GDR SALNES-ULLA-UMIA elaborou un programa de desenvolvemento, no que se inclúen as principais posibilidades, oportunidades e necesidades do territorio dende o punto de vista económico, dotacional e social e no que se recolle unha planificación dos proxectos que se van desenvolver no territorio no ámbito do programa Leader. Esta estratexia presentouse á convocatoria do programa Leader Galiza para o período 2014-2020. O GDR conta cunha estrutura técnica que se dedique a labores de:
– Mobilización, animación e dinamización
– Promoción e captación de iniciativas
– Maduración dos proxectos e apoio aos promotores
– Apoio técnico para a selección de proxectos
– Acompañamento dos promotores na evolución posterior dos proxectos
Estructura do GDR
O GDR SALNES-ULLA-UMIA conta cunha Asemblea Xeral e máis cunha Xunta Directiva. Ademais destes dous órganos que se derivan da Lei de asociacións, proponse como órgano do GDR as Mesas Sectoriais, organizadas en torno a aqueles ámbitos que se consideren de interese. As Mesas Sectoriais do GDR SALNES-ULLA-UMIA son as seguintes:
– Mesa do sector agrario
– Mesa das asociacións de mulleres
– Mesas das asociacións mozos
– Mesa das asociacións empresarias e profesionais
– Mesa de acción social
– Mesa das asociacións medioambientais e sectores vinculados a entidades non contempladas noutras mesas
– Mesa institucional
– Mesa das asociacións culturais
Tamén conta cun equipo técnico encargado de realizar os labores de dinamización, mobilización, promoción e avaliación de proxectos para aplicar o programa de desenvolvemento deseñado.
SOCIOS
ADHERIRSE
As entidades que cumpran os requisitos para ser socios do GDR poden solicitar a súa adhesión presentando, por rexistro de entrada do GDR, a Ficha de Socio e o acordo da súa entidade segundo o Modelo de Certificado de Adhesión que poden descargar nesta sección.