PROXECTO DE LEGALIZACIÓN E REHABILITACIÓN DE CASA ANTIGUA, DO ANO 1878, PARA CASA DE TURISMO RURAL “GRUPO B”.

PROMOTOR: ALFREDO GARCIA GONZALEZ Nº EXPEDIENTE: L19-1920-17-0113 SITUACIÓN: Lgar de Arcos – Santo Tomé – Meis DESCRICIÓN: O proxecto consiste na posta en marcha dunha casa de turismo rural para dar servizo de aloxamento en seis estancias repartidas ao longo da edificación principal e anexa. Dispoñerase de dous dormitorios dobres con capacidade de catro prazas…

PROXECTO DE MELLORA SOCIAL CON PISTA DEPORTIVA E RECUPERACION DO PALOMAR E O SEU ENTORNO

PROMOTOR: CMVMC DE GODOS Nº EXPEDIENTE: L19-1920-17-0121 SITUACIÓN: Calcote, Sta. María de Godos, Caldas de Reis DESCRICIÓN: A iniciativa contempla dúas accións próximas no espazo. Por unha banda a recuperación do palomar dentro da propiedade da Igrexa de Santa María de Godos e conta con autorización do Bispado, incluíndo a mellora da contorna que soporta…

PROXECTO DE RECUPERACION E POSTA EN VALOR DOS MUIÑOS DO RIO CASTAÑOSA E GUINDEIRO EN AMIL

PROMOTOR: COMUNIDADE DE MONTES E MAN COMUN DE AMIL Nº EXPEDIENTE: L19-1920-17-0115 SITUACIÓN: A Picota – San Mamede de Amil – Moraña DESCRICIÓN: O proxecto pretende recuperar e poñer en valor 6 muíños situados no curso dos rios Castañosa e Gundeiro, no termino municipal de Moraña e a carón dos núcleos de poboación de picota…

INST. DE CLIMATIZACION E MELLORA ENERXETICA CENTRO SOCIAL POLIVALENTE

PROMOTOR: CONCELLO DE MEAÑO Nº EXPEDIENTE: L19-1920-17-0108 SITUACIÓN: As Covas – San Xoan Meaño – Meaño DESCRICIÓN: O proxecto consiste na instalación de climatización y de equipos de iluminación LED co obxectivo de mellorar o confort do Centro Social Polivalente de maiores. Para alcanzar o nivel normal de confort do centro vaise instalar unha bomba…

ADQUISICION MAQUINA CANTEADORA

O proxecto consiste na adquisición dunha máquina canteadora, para así dispoñer de maquinaría punteira e da tecnoloxía máis avanzada, que permita innovar cada día para aportar as mellores solucións a cada proxecto e cliente. Trátase dunha máquina que permite pegar nos mobles os cantos, tanto de melamina, pvc, madeira, formica, dunha maneira perfecta e de fácil manexo. A canteadora é decisiva para conseguir un aspecto de calidade nos mobles.

REFORMA E AMPLIACION DOS VESTIARIOS DO CAMPO DE FUTBOL MUNICIPAL

O promotor proxecta reformar e a ampliar os vestiarios e os aseos do campo de fútbol municipal, para dar resposta o aumenta a capacidade das instalación. Ofertarase así o servizo a un maior número de usuarios e disporase de instalacións que se axusten as necesidades de accesibilidade, igualdade entre homes e mulleres ao contar cun vestiario para mulleres e mellora da eficiencia enerxética, mellora dos seus accesos e eficiencia nos usos destas instalación.

REFORMA INTEGRAL DA ZONA DEPORTIVA DO PARQUE MUNICIPAL DO ESPIÑEIRO

O que se busca con esta actuación é acondicionar unha gran zona deportiva, no parque do Espiñeiro, en Portonovo e dar acollida a un maior número de usuarios que demandan este tipo de instalacións, favorecendo unha vida sana e saudable. Crearase así unha gran zona deportiva accesible ao aire libre, composta por tres pistas deportivas para a práctica de deportes de balón como o fútbol, baloncesto, etc. e un ximnasio ao aire libre composto por seis aparatos de ximnasia tipo workout. O principal obxectivo deste proxecto é ofrecer aos veciños da contorna un espazo para realizar deporte ao aire libre, fomentando unha alternativa de ocio que fomente hábitos de vida saudables e integre a cohesión interxeracional e integración social, xa que as instalacións están planificadas para persoas de todas as idades.

AMPLIACIÓN LOCAL COMERCIAL CON AULA DIDACTICA

O proxecto consiste na ampliación e modernización das instalacións existente dedicadas a oficinas e a atención comercial ó publico coa implantación dunha aula para demostracións aos clientes da propia actividade da empresa. Con isto preténdese dar un mellor servicio ó cliente e facilitar a súa accesibilidade e a das mercancías. Tamén se incrementaría o valor engadido ó cliente coa instalación da aula didáctica para formación dos clientes e demostración da aplicación dos produtos. Aumentase a visibilidade do produto da empresa, o aforro de custes enerxéticos en electricidade e en xeral conseguirase unha maior satisfacción do cliente, unha maior visibilidade do produto para que favoreza un incremento das ventas e unha maior comodidade dos traballadores que se traduce nunha maior produtividade.

MELLORA PAISAXÍSTICA DA CONTORNA DA ADEGA TERRA DE ASOREI

O proxecto consiste na creación dun espazo para o enoturismo, ligado coa natureza. Isto pretende levarse a cabo mediante a reordenación dos espazos, mellora de accesos e reformulación das zonas verdes; onde se colocarán bancos e mesas para comer ou descansar, zonas de sombra con árbores autóctonas, abrevadeiros destinada a cabalos. e aparcadoiros de bicicletas. Se mellorarán zonas da paisaxe que rodea a adega, que nestes momentos está sen uso e sen axardinamento, para potenciar así a atracción das visitas. Na parte posterior da parcela construírase un auditorio ó aire libre, que denominamos a “Eira de Asorei”. Na oferta incluiranse visitas guiadas das instalacións da adega e degustacións dos nosos viños. Preténdese organizar de forma periódica “show-catas” onde algún recoñecido sumiller ou enólogo faga catas comentadas e maridaxes dos viños para estender entre os visitantes a cultura do viño.