PROMOTOR: CONCELLO DE MEAÑO
Nº EXPEDIENTE: L19-1920-17-0108
SITUACIÓN: As Covas – San Xoan Meaño – Meaño
DESCRICIÓN:
O promotor ten previsto dotar de climatización y de equipos de iluminación LED, todo isto co obxecto de mellorar o confort do Centro Social Polivalente de maiores, destinado á prestación do servizo de apoio á conciliación das familias no coidado dos seus maiores e mantemento das súas capacidades cognitivas dentro do programa CONCILIA que desenvolve este concello e mellorar a eficacia enerxética con iluminación LED que permite regular o nivel de intensidade de iluminación.
O centro non dispón de instalación de climatización, o cal provoca que nas épocas estivais se alcancen temperaturas no interior das salas e dependencias ás máximas recomendadas para as persoas maiores. Para alcanzar o nivel normal de confort do centro vaise instalar unha bomba de calor Aerotermia do tipo aire-aire, isto é que se obtén a enerxía do aire exterior a través da unidade exterior e a transmite ao interior a través do aire por medio da unidade interior. Por outra banda se quere ampliar a instalación de luminarias con pantallas LED con regulación de nivel de iluminación según necesidades. A presente actuación quere mellorar a seguridade e eficiencia enerxética xa que a escasa iluminación existente carece de protector de policarbonato que eviten el risco por posibles desprendementos.

ORZAMENTO ACEPTADO: 19.324,91 €
AXUDA CONCEDIDA: 15.073,43
PORCENTAXE DA AXUDA: 78,00%