HOTEL 2 ESTRELAS EN CALDAS
O proxecto abrangue a rehabilitación e ampliación de edificación existente para hotel de dúas estrelas en Caldas de Reis
O proxecto abrangue a rehabilitación e ampliación de edificación existente para hotel de dúas estrelas en Caldas de Reis
O proxecto consiste na posta en marcha dun hotel de 3 estrelas para peregrinos na localidade de Caldas de Reis, para dar cobertura as necesidades crecentes de prazas hoteleiras para os peregrinos do Camiño Portugués.
O proxecto abrangue a demolición e nova construción de tres silos que dotaría o proceso produtivo de maior capacidade e menor pendente ademais da redución do proceso de ensilado.
O proxecto consiste na ampliación e modernización dunha farmacia no Concello de Valga. A finalidade do proxecto é mellorar as instalacións nun local mais amplo e luminoso, onde se mellorará a atención ao público.
O proxecto consiste na adquisición dunha cela robotizada para mecanizado de pezas de polietileno, modernizando así a actividade da empresa. Coa adquisición do robot pretenden realizar principalmente a tarefa de modelado co obxecto de realizar novos moldes para a fabricación de pezas en PRFV.
Ampliación da capacidade na adega, a través da inversión en activos fixos materiais, concretamente en depósitos e barricas, para incrementar a produción de viño con denominación de orixe Rías Baixas, debido ao incremento das ventas que se produciron nos últimos anos a nivel nacional e internacional.
O proxecto consiste na posta en marcha dun sistema automatizado de produción de masa panadeira co obxectivo de homoxeneización da produción, mellora da competitividade, ampliación da variedade de produtos. Isto permitirá a mellora do posicionamento competitivo e modernización da empresa.