O proxecto atópase na parroquia de Santa María de Godos, no concello de Caldas de Reis, en concreto no monte comunal de Godos. A iniciativa se pode dividir en tres partes, por unha banda unha área recreativa no lugar de Calcote, nunha parcela con apenas relevo, que está moi preto do cruceiro do Calcote e das vivendas dos comuneiros, onde se pretende colocar un parque infantil e unha zona de esparcemento, incluíndo unha plantación de especies ornamentais, en segundo lugar, a recuperación da subida pola regueira ata o Alto do Pousadoiro, onde antes se tiña unha masa de eucalipto e agora se pretende localizar unha pequena plantación de especies frondosas ás beiras da senda forestal, e por ultimo, outro treito de senda polo curso fluvial, comunicando o muiño cunha casa de turismo rural. O proxecto inclúe un total de 4.144 metros lineais.