CREACIÓN ZONA DEPORTIVA EN CANELAS (PORTONOVO)

PROMOTOR: CONCELLO DE SANXENXO Nº EXPEDIENTE: L21-1920-17-0177 SITUACIÓN: Canelas – Adina – Sanxenxo DESCRICIÓN: Creación dunha zona deportiva en Canelas, Portonovo. Acondicionarase o chan e colocarase os elementos que formarán parte da zona de calistenia e por outra banda a colocación de elementos biosaudables. O principal obxectivo deste proxecto é ofrecer aos veciños da contorna…

REFORMA INTEGRAL DA ZONA DEPORTIVA DO PARQUE MUNICIPAL DO ESPIÑEIRO

O que se busca con esta actuación é acondicionar unha gran zona deportiva, no parque do Espiñeiro, en Portonovo e dar acollida a un maior número de usuarios que demandan este tipo de instalacións, favorecendo unha vida sana e saudable. Crearase así unha gran zona deportiva accesible ao aire libre, composta por tres pistas deportivas para a práctica de deportes de balón como o fútbol, baloncesto, etc. e un ximnasio ao aire libre composto por seis aparatos de ximnasia tipo workout. O principal obxectivo deste proxecto é ofrecer aos veciños da contorna un espazo para realizar deporte ao aire libre, fomentando unha alternativa de ocio que fomente hábitos de vida saudables e integre a cohesión interxeracional e integración social, xa que as instalacións están planificadas para persoas de todas as idades.