PROMOTOR: MARÍA PALOMA BESADA BEA
Nº EXPEDIENTE: L23-1920-17-0222
SITUACIÓN: Portonovo – Sanxenxo
DESCRIPIÓN:
ORBALLO DESEÑO-SHOWROOM ofrecerá aos clientes o deseño e a exhibición dos materias e a organización espacial no seu propio estudio-showroom.
A finalidade de ORBALLO DESEÑO-SHOWROOM é deseñar un concepto único empregando materiais sustentables no conxunto do mobiliario e conseguindo que a organización espacial do mobiliario converta os inmobles en máis eficientes desde o punto de vista enerxético.
Con este proxecto se pretende crear un estudio de deseño-showrrom, estase ampliando Os servicios que se prestan á poboación e preténdese unha maior adaptación do deseño ás necesidades do cliente, e a exhibición in situ da organización espacial de produtos, creando distintos ambientes, ofrecer unha maior variedade de servicios, atraer a un maior número de clientes e abrir novos mercados, mellorar a experiencia de compra nas súas instalacións diferenciándose da competencia (identificada nas empresas multinacionais), incrementar a eficiencia operacional, ter capacidade física para aproveitar as novas oportunidades de negocio e consolidar o seu crecemento.

ORZAMENTO TOTAL: 64.188,43 €
AXUDA CONCEDIDA: 12.773,50 €
PORCENTAXE DA AXUDA: 19,90 %