CAMPING DE INSTALACIÓNS ESTABLES DE UNHA ESTRELA

PROMOTOR: O ABEIRO DA TRASTIENDA S.L. Nº EXPEDIENTE: L23-1920-17-0198 SITUACIÓN: Lugar de Aldariz na parroquia de Padriñán, no Concello de Sanxenxo, en Pontevedra. DESCRICIÓN: O proxecto consiste na construción dun CAMPING DE INSTALACIÓNS ESTABLES DE 1 ESTRELA. En concreto, na construción de nove cabanas de planta irregular nunha superficie de aproximadamente oito mil metros cadrados,…

INCREMENTO DA SEGURIDADE E SERVICIOS AS PERSOAS CON MOBILIDADE REDUCIDA MEDIANTE DOTACIÓN DE SILLAS ANFIBIAS E TORRES DE VIXIANCIA DE SALVAMENTO E SOCORRISMO

PROMOTOR: CONCELLO DE SANXENXO Nº EXPEDIENTE: L23-1920-17-0212 SITUACIÓN: Lugar de Baltar, Lanzada e Soutullo. Parroquia de Adina e Noalla DESCRICIÓN: O proxecto consiste na adquisición de dúas cadeiras anfibias para os areais do municipio (Foxos e Major) para que as persoas con mobilidade reducida poidan acceder a beira da praia e bañarse, dependendo da autonomía…

CREACIÓN ZONA DEPORTIVA EN CANELAS (PORTONOVO)

PROMOTOR: CONCELLO DE SANXENXO Nº EXPEDIENTE: L21-1920-17-0177 SITUACIÓN: Canelas – Adina – Sanxenxo DESCRICIÓN: Creación dunha zona deportiva en Canelas, Portonovo. Acondicionarase o chan e colocarase os elementos que formarán parte da zona de calistenia e por outra banda a colocación de elementos biosaudables. O principal obxectivo deste proxecto é ofrecer aos veciños da contorna…

REFORMA INTEGRAL DA ZONA DEPORTIVA DO PARQUE MUNICIPAL DO ESPIÑEIRO

O que se busca con esta actuación é acondicionar unha gran zona deportiva, no parque do Espiñeiro, en Portonovo e dar acollida a un maior número de usuarios que demandan este tipo de instalacións, favorecendo unha vida sana e saudable. Crearase así unha gran zona deportiva accesible ao aire libre, composta por tres pistas deportivas para a práctica de deportes de balón como o fútbol, baloncesto, etc. e un ximnasio ao aire libre composto por seis aparatos de ximnasia tipo workout. O principal obxectivo deste proxecto é ofrecer aos veciños da contorna un espazo para realizar deporte ao aire libre, fomentando unha alternativa de ocio que fomente hábitos de vida saudables e integre a cohesión interxeracional e integración social, xa que as instalacións están planificadas para persoas de todas as idades.