Quen pode participar?
Este programa está pensado para músicos, emprendedores e profesionais da música que teñan un proxecto relacionado coa música tradicional galega e que anden na procura de formación, apoio e conexións no sector.
Que ofrecemos?
Formación especializada: Obradoiros con profesionais de renome no ámbito da música de raíz e do emprendemento.
Acompañamento personalizado: Apoio individualizado para dar un empurre real a cada proxecto musical.
Networking: Oportunidades para conectar con outros músicos e profesionais da industria musical galega.
Cando e onde?
Datas: Dende o 22 de novembro ata o 9 de maio
Modalidade: Presencial e en liña
Prezo: Totalmente gratuíto
Se coñeces a alguén que poida estar interesado/a, ou ti mesmo/a queres dar un paso adiante no teu proxecto, non dubides en inscribirte ou compartir esta oportunidade
Moitas grazas pola vosa colaboración e apoio para que esta iniciativa chegue ao maior número posible de persoas apaixonadas pola música tradicional galega.