Non Productivos Entidades LocaisProxectos 2014-2020

REFORMA INTEGRAL DA ZONA DEPORTIVA DO PARQUE MUNICIPAL DO ESPIÑEIRO

O que se busca con esta actuación é acondicionar unha gran zona deportiva, no parque do Espiñeiro, en Portonovo e dar acollida a un maior número de usuarios que demandan este tipo de instalacións, favorecendo unha vida sana e saudable. Crearase así unha gran zona deportiva accesible ao aire libre, composta por tres pistas deportivas para a práctica de deportes de balón como o fútbol, baloncesto, etc. e un ximnasio ao aire libre composto por seis aparatos de ximnasia tipo workout. O principal obxectivo deste proxecto é ofrecer aos veciños da contorna un espazo para realizar deporte ao aire libre, fomentando unha alternativa de ocio que fomente hábitos de vida saudables e integre a cohesión interxeracional e integración social, xa que as instalacións están planificadas para persoas de todas as idades.

LEER MÁIS
ProductivosProxectos 2014-2020

AMPLIACIÓN LOCAL COMERCIAL CON AULA DIDACTICA

O proxecto consiste na ampliación e modernización das instalacións existente dedicadas a oficinas e a atención comercial ó publico coa implantación dunha aula para demostracións aos clientes da propia actividade da empresa. Con isto preténdese dar un mellor servicio ó cliente e facilitar a súa accesibilidade e a das mercancías. Tamén se incrementaría o valor engadido ó cliente coa instalación da aula didáctica para formación dos clientes e demostración da aplicación dos produtos. Aumentase a visibilidade do produto da empresa, o aforro de custes enerxéticos en electricidade e en xeral conseguirase unha maior satisfacción do cliente, unha maior visibilidade do produto para que favoreza un incremento das ventas e unha maior comodidade dos traballadores que se traduce nunha maior produtividade.

LEER MÁIS
ProductivosProxectos 2014-2020

MELLORA PAISAXÍSTICA DA CONTORNA DA ADEGA TERRA DE ASOREI

O proxecto consiste na creación dun espazo para o enoturismo, ligado coa natureza. Isto pretende levarse a cabo mediante a reordenación dos espazos, mellora de accesos e reformulación das zonas verdes; onde se colocarán bancos e mesas para comer ou descansar, zonas de sombra con árbores autóctonas, abrevadeiros destinada a cabalos. e aparcadoiros de bicicletas. Se mellorarán zonas da paisaxe que rodea a adega, que nestes momentos está sen uso e sen axardinamento, para potenciar así a atracción das visitas. Na parte posterior da parcela construírase un auditorio ó aire libre, que denominamos a “Eira de Asorei”. Na oferta incluiranse visitas guiadas das instalacións da adega e degustacións dos nosos viños. Preténdese organizar de forma periódica “show-catas” onde algún recoñecido sumiller ou enólogo faga catas comentadas e maridaxes dos viños para estender entre os visitantes a cultura do viño.

LEER MÁIS
ProductivosProxectos 2014-2020

MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA DE LABORATORIO DE ANALISIS ALIMENTARIOS

O proxecto consiste en automatizar a xestión da empresa para mellorar a calidade, eficiencia e rapidez dos servizos prestados. Tamén se vai acondicionar o local para garantir a estabilidade térmica dos equipos favorecer o seu funcionamento e vida útil operativa. Para isto e preciso a adquisición de Un Software exclusivo específico de laboratorio e equipos informáticos.

LEER MÁIS
Non Productivos Entidades PrivadasProxectos 2014-2020

PROXECTO AREA RECREATIVA DE CALCOTE, SENDA DO POUSADOIRO E DO REGUEIRO

O proxecto atópase na parroquia de Santa María de Godos, no concello de Caldas de Reis, en concreto no monte comunal de Godos. A iniciativa se pode dividir en tres partes, por unha banda unha área recreativa no lugar de Calcote, nunha parcela con apenas relevo, que está moi preto do cruceiro do Calcote e das vivendas dos comuneiros, onde se pretende colocar un parque infantil e unha zona de esparcemento, incluíndo unha plantación de especies ornamentais, en segundo lugar, a recuperación da subida pola regueira ata o Alto do Pousadoiro, onde antes se tiña unha masa de eucalipto e agora se pretende localizar unha pequena plantación de especies frondosas ás beiras da senda forestal, e por ultimo, outro treito de senda polo curso fluvial, comunicando o muiño cunha casa de turismo rural. O proxecto inclúe un total de 4.144 metros lineais.

LEER MÁIS