O GDR Salnés-Ulla-Umia convocou a súa Xunta Directiva o pasado luns 27 de xuño para tomar acordos relativos á publicación de 2 de xuño de 2022 no Diario oficial de Galicia para o novo período e facultar ao Presidente a presentar a nosa candidatura.
E por isto que o Grupo de Desenvolvemento Rural Salnes Ulla Umia comeza a por en marcha o deseño da Estratexia de Desenvolvemento Local para as comarcas do Salnes Ulla Umia e que será a base de traballo para a chegada de novos fondos do Programa Leader previstos para o período 2023-2027.
O GDR Salnes Ulla Umia aglutina diferentes organismos de carácter público e privado dos 16 concellos que forman o seu territorio, e recordamos que o GDR traballa co principio de “Portas abertas” dende a súa creación, e calquera asociación, entidade ou organismo pode asociarse ao noso GDR co obxecto de impulsar e dinamizar o noso rural, tal como ven facendo neste período e en anteriores. Tan só é necesario presentar por rexistro a ficha socio e certificado de adhesión que se poden descargar na nosa web ou contactando coa nosa oficina.
Tamén se vai a informar que de cara a xaneiro do próximo 2023 reservase a última convocatoria de axudas da que no se coñece aínda a contía global con cargo ao presente período 2014-2022.
Faite socio do GDR Salnes Ulla Umia, pódese adherir calquera entidade interesada en formar parte do Grupo de Desenvolvemento Rural.
Os teléfonos 986 744 909- 650 255 914 está dispoñible para a resolución de posibles dúbidas.