Carballo de Prado 1900, situado no Concello de Meis conta con servizo de hospedaxe e xantar incluído, con opcións continental, vexetariano, vegano e sen gluten. Foi un dous mellores valorados pola plataforma BOOKING, cunha puntuación de 9,9 polo súa ubicación na Armenteira, preto do mosteiro, pola súa atención ao cliente, confort, e pola súa relación calidade/prezo.
A súa promotora Eva iniciou o seu proxecto xunto coa súa irmá, poñendo en marcha este negocio hostaleiro grazas a herdanza da súa avoa, que lle deixou unha pequena casa que converteu unha pensión rural no ano 2019.
As habitacións contan con terraza e xardín, e unhas vistas privilexiadas no Lugar de Valboa no corazón da Armenteira.