Estas bases teñen por obxecto fixar os criterios e requisitos para a concesión de axudas do Programa do bono das persoas autónomas, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia europeo.
Subvención do bono das persoas autónomas.
1. Poderase conceder para a mellora da competitividade da actividade empresarial ou profesional das persoas beneficiarias desta orde, mediante pagamento anticipado, unha subvención dun 80 % da actividade que se vaia subvencionar cun límite máximo de 3.000 euros de axuda polo conxunto de actividades subvencionables, e o resto do gasto será por conta da persoa beneficiaria.
2. Esta axuda terá dúas liñas de actuación:
Liña 1, mellora da competitividade a través dos seguintes servizos:
• Plan estratéxico do negocio.
• Plan de reorientación do negocio.
• Plan de refinanciamento.
• Plan de márketing.
• Plan de eficiencia enerxética.
• Plan de biodiversidade.
• Plan de comunicación do negocio.
• Plan de transformación dixital.
Tamén se poderán subvencionar outros estudos e plans que teñan como fin aumentar a competitividade da empresa.
Liña 2, mellora da competitividade a través dos seguintes investimentos:
• Compra de maquinaria.
• Compra e/ou instalación para a mellora da eficiencia enerxética.
• Investimentos para a substitución de combustibles fósiles ou materiais críticos ou escasos.
• Compra de utensilios e ferramentas.
• Reforma do local do negocio.
• Equipamento informático.
• Equipamento de oficina e/ou negocio.
• Rótulos.
• Aplicacións informáticas, páxinas web, apps e redes sociais.
• Deseño de marca.