O GDR Salnés-Ulla-Umia celebrou esta semana unha reunión da súa Xunta Directiva, presidido por Juan Manuel Vidal Seage, alcalde do Concello de Pontecesures e no que o punto principal da orde do día era presentar e aprobar o documento de modificación da Estratexia de desenvolvemento local participativa para dar espazo para proxectos vinculados á futura Lei de Recuperación da terra agraria de Galicia.
Tamén se informou de que a convocatoria da medida Leader das anualidades 2021-2022 publicaranse no DOGA antes do final do mes de abril, indicando o importe e as condicións para o financiamento da axuda aos proxectos presentados.
Nesta resolución publicarase a dotación orzamentaria para anualidades 2021-2022, será un importe total de 460.873,55 € para o territorio da nosa RDA, isto supón case o dobre do orzamento do ano anterior para subvencións de novos proxectos.
O GDR sempre ten unha presentación importante de iniciativas da poboación do territorio, xa que é unha rexión moi dinámica e ampla que inclúe os nove concellos do Salnés e os concellos do territorio do Ulla Umia que son Caldas de Reis, Portas, Moraña, Cuntis, Valga, Pontecesures e Catoira.
Dende o GDR fomentan a información na súa páxina web ou no móbil 650 255 914 e teléfono 986 744 909.