O XII Programa de Apoio a Empresas Agroalimentarias (PAEA) continuará impulsando a profesionalización do medio rural galego en 2024
A Fundación Juana de Vega vén de abrir a inscrición no XII Programa de Apoio a Empresas Agroalimentarias (PAEA) co obxectivo de seguir impulsando unha maior profesionalización do medio rural galego a través do acompañamento a novos emprendedores e a empresas en activo que precisen redefinirse ou expandirse con proxectos de mellora ou de expansión.
A inscrición (de balde) na edición 2024 estará aberta ata o 5 de decembro nas dúas modalidades, Emprendemento e Crecemento e Consolidación.
O programa está dirixido a iniciativas nos sectores agroalimentario, forestal, marisqueiro e pesqueiro, bioeconomía e a proxectos de base tecnolóxica que se desenvolvan en Galicia.
Convócase tamén, e por segundo ano, o Premio Juana de Vega ao Emprendemento Agroalimentario valorado en 3.000€.
INSCRICIÓN AQUÍ ͏ ͏ ͏ ͏ ͏ ͏ ͏ ͏ ͏ ͏ ͏ ͏ ͏ ͏ ͏ ͏ ͏ ͏ ͏ ͏ ͏ ͏ ͏ ͏ ͏ ͏ ͏ ͏ ͏ ͏ ͏ ͏ ͏