Xornadas de Difusión das axudas do Programa Leader Galicia 2014-2020

O LEADER é o conxunto de medidas do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020 que se executa baixo metodoloxía LEADER impulsada pola Unión Europea desde o ano 1991. Esta metodoloxía ten como principal obxectivo descentralizar as políticas de desenvolvemento rural, de maneira que o territorio rural deixe de ser un simple destinatario destas políticas para converterse en protagonista do seu propio desenvolvemento.

O obxecto das xornadas que desenvolverá GDR Salnés-Ulla-Umia en colaboración cós concellos da área é dar a coñecer a nova Estratexia de Desenvolvemento Local a través dos proxectos financiados pola Asociación GDR Salnés-Ulla-Umia dentro do Programa Leader, así como, difundir as medidas e o procedemento das axudas do programa Leader Galicia 2014-2020, que xestionará preto de 3 millóns de euros neste novo período para os concellos das comarcas de Caldas e O Salnés.

As xornadas están abertas a todo o mundo. Deste xeito persoas empresarias ou emprendedoras, asociacións e calquera tipo de entidade ou persoa que queira poñer en marcha un proxecto ou teña interese en coñecer as liñas de axuda que hai a través do Programa Leader pode achegarse.

As xornadas celebraranse nas seguintes datas e horarios:

25/09/2017 20:30-21:30 CALDAS DE REIS Auditorio de Caldas de Reis
26/09/2017 20:30-21:30 PONTECESURES Salón de plenos do concello
28/09/2017 20:30-21:30 MORAÑA Casa da Cultura de Moraña
29/09/2017 20:30-21:30 VILANOVA DE AROUSA Centro de Desenvolvemento Local de Vilanova de Arousa
02/10/2017 20:30-21:30 CAMBADOS Exposalnés (salón de actos)
03/10/2017 20:30-21:30 VILAGARCÍA DE AROUSA Sala de Conferencias do auditorio de Vilagarcía
04/10/2017 20:30-21:30 O GROVE Casa da Cultura do Grove
05/10/2017 20:30-21:30 SANXENXO Pazo Emilia Pardo Bazán
06/10/2017 20:30-21:30 MEAÑO Centro Social de Dena
09/10/2017 19:30-20:30 VALGA Auditorio Municipal do Concello de Valga
09/10/2017 21:00-22:00 CUNTIS Pendente de confirmar
10/10/2017 20:30-21:30 PORTAS Pendente de confirmar
11/10/2017 20:30-21:30 MEIS Pendente de confirmar

Anímate e participa¡¡