Xornadas de Difusión das axudas do Programa Leader Galicia 2014-2020
O LEADER é o conxunto de medidas do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020 que se executa baixo metodoloxía LEADER impulsada pola Unión Europea desde o ano 1991. Esta metodoloxía ten como principal obxectivo descentralizar as políticas de desenvolvemento rural, de maneira que o territorio rural deixe de ser un simple destinatario destas políticas para converterse en protagonista do seu propio desenvolvemento.
O obxecto das xornadas que desenvolverá GDR Salnés-Ulla-Umia en colaboración cós concellos da área é dar a coñecer a nova Estratexia de Desenvolvemento Local a través dos proxectos financiados pola Asociación GDR Salnés-Ulla-Umia dentro do Programa Leader, así como, difundir as medidas e o procedemento das axudas do programa Leader Galicia 2014-2020, que xestionará preto de 3 millóns de euros neste novo período para os concellos das comarcas de Caldas e O Salnés.
As xornadas están abertas a todo o mundo. Deste xeito persoas empresarias ou emprendedoras, asociacións e calquera tipo de entidade ou persoa que queira poñer en marcha un proxecto ou teña interese en coñecer as liñas de axuda que hai a través do Programa Leader pode achegarse.
As xornadas celebraranse nas seguintes datas e horarios:
25/09/2017 | 20:30-21:30 | CALDAS DE REIS | Auditorio de Caldas de Reis |
26/09/2017 | 20:30-21:30 | PONTECESURES | Salón de plenos do concello |
28/09/2017 | 20:30-21:30 | MORAÑA | Casa da Cultura de Moraña |
29/09/2017 | 20:30-21:30 | VILANOVA DE AROUSA | Centro de Desenvolvemento Local de Vilanova de Arousa |
02/10/2017 | 20:30-21:30 | CAMBADOS | Exposalnés (salón de actos) |
03/10/2017 | 20:30-21:30 | VILAGARCÍA DE AROUSA | Sala de Conferencias do auditorio de Vilagarcía |
04/10/2017 | 20:30-21:30 | O GROVE | Casa da Cultura do Grove |
05/10/2017 | 20:30-21:30 | SANXENXO | Pazo Emilia Pardo Bazán |
06/10/2017 | 20:30-21:30 | MEAÑO | Centro Social de Dena |
09/10/2017 | 19:30-20:30 | VALGA | Auditorio Municipal do Concello de Valga |
09/10/2017 | 21:00-22:00 | CUNTIS | Pendente de confirmar |
10/10/2017 | 20:30-21:30 | PORTAS | Pendente de confirmar |
11/10/2017 | 20:30-21:30 | MEIS | Pendente de confirmar |
Anímate e participa¡¡