PROMOTOR: COMUNIDADE DE MONTES E MAN COMUN DE AMIL
Nº EXPEDIENTE: L19-1920-17-0115
SITUACIÓN: A Picota – San Mamede de Amil – Moraña
DESCRICIÓN:
O proxecto pretende recuperar e poñer en valor 6 muíños situados no curso dos rios Castañosa e Gundeiro, no termino municipal de Moraña e a carón dos núcleos de poboación de picota e Vilacoba na parroquia de san Mamede de Amil. A comunidade de montes de amil pretende con este proxecto aparte da recuperación do patrimonio histórico e cultural da parroquia, crear un punto de atracción turística para os miles de visitantes que visitan a parroquia cada ano por os distintos eventos culturais, sociais ou relixiosos e tamén para os turistas que se aloxan no municipio. O acceso dos visitantes farase a través dunha ruta de sendeirismo en construción a carón do rios.

ORZAMENTO ACEPTADO: 48.645,46€
AXUDA CONCEDIDA: 26.852,29€
PORCENTAXE DA AXUDA: 55,20 %