PROMOTOR: CMVMC DE ANDRAS
Nº EXPEDIENTE: L21-1920-17-0187
SITUACIÓN: Lg o Casás – Parroquia de Andras – Vilanova de Arousa
DESCRICIÓN:
O proxecto está centrado nun pequeno espazo pero dunha grande densidade en canto a xacementos arqueolóxicos, coa singularidade dun deles. O interese e conveniencia de levar a cabo unha actuación de posta en valor neste espazo queda avalada polo potencial incuestionable deste conxunto arqueolóxico, dados os seus valores culturais e paisaxísticos, unido a un emprazamento xeográfico privilexiado. Situado a unha curta distancia dos núcleos urbanos de Vilanova e Vilagarcía de Arousa, e de Cambados, constitúe un atractivo para esta parroquia e para a comarca, tanto dende o punto de vista sociocultural como turístico.