PROMOTOR: MIRADOR LAXE SLL
Nº EXPEDIENTE: L23-1920-17-0207
SITUACIÓN: A LAXE, LORES, MEAÑO
DESCRICIÓN:
O proxecto consiste na rehabilitación de varias edificacións rústicas emprazadas no núcleo de Laxe, na parroquia de Lores, concello de MEAÑO. Tratase de 3 edificacións rústicas, que actualmente se configuran como unha vivenda antiga única e se pretende destinar a pensión de 1 estrela.
O obxectivo deste proxecto e que as construcións realizadas sexan o máis eficientes e ecolóxicas posibles, posibilitando un turismo de calidade de baixo impacto ambiental. Para elo as construcións estarán illadas térmica e acusticamente, favorecendo un baixo consumo enerxético. Este proxecto está deseñado como centro de atracción, que potenciará as calidades do entorno natural en que se sitúa.

ORZAMENTO TOTAL: 161.592,00 €
AXUDA CONCEDIDA: 62.697,70 €
PORCENTAXE DA AXUDA: 38,80 %