PROMOTOR: MUCARCE CARPINTEROS S.L
Nº EXPEDIENTE: L19-1920-17-0103
SITUACIÓN: LG. de A Casiña – Arcos de Furcos -Cuntis
DESCRICIÓN:
Neste proxecto MUCARCE vai adquirir: Un sistema de aspiración de refugallos e labras de mecanizado e un equipo de briquetado destes refugallos.
Os obxectivos xerais do proxecto son:
– Fixar poboación no rural mediante a oferta de emprego e actividades económicas para o desenvolvemento económico e social.
– Aportar no desenvolvemento dos concellos do interior da provincia de Pontevedra.
– Desenvolver novas opcións enerxéticas para particulares e industrias.
A nivel particular, MUCARCE tamén persegue unha serie de obxectivos vinculados á súa visión:
– Diversifica-la súa actividade cara a produción industrializada de biocombustibles
– Ofrecer novos produtos á súa carteira de clientes e ter unha chave para o acceso a novos clientes.
– Integrar novos procesos nas súas instalacións de Cuntis.

ORZAMENTO ACEPTADO: 59.900,00 €
AXUDA CONCEDIDA: 21.564,00 €
PORCENTAXE DA AXUDA: 36,00 %