RECUPERACIÓN PAISAXÍSTICA NO ENTORNO DOS RÍOS CORNIDE E AGRA

O promotor ten previsto o recuperación paisaxística no entorno dos ríos Cornide e Agra no Concello de Moraña. Contempla polo tanto, as actuacións necesarias para levar a cabo o acondicionamento da marxe dos ríos, para darlle acceso ao entorno destes ríos. O obxectivo principal é poñer en valor determinados elementos etnográficos que forman parte do patrimonio natural, mediante a rehabilitación e conservación do lavadoiro encravado no núcleo rural de Agriños.

ADQUISIÓN FORNO DE CERÁMICA E ACONDICIONAMENTO LOCAL PARA INSTALACIÓN EXTERIOR

O promotor ten previsto o acondicionamento dun local na zona exterior dunha edificación municipal existente, o CODI, e a adquisición e instalación dun forno de cerámica para a posta en marcha dun taller obradoiro de cerámica dirixido a persoas con diversidade funcional. A posta en marcha realizase en colaboración con ASDIVALU (Asociación de persoas con discapacidade dos Vales Ulla Umia) de voluntarios. Con este proxecto prestarase un servizo de igualdade e benestar que mellore a calidade de vida das persoas con diversidade funcional que incremente o nivel educativo e as capacidades dos individuos participantes, que implique a oferta de unha nova actividades de ocio e tempo libre e integración de persoas con discapacidade.

ADECUACIÓN DA ANTIGA ESCOLA DE BRIALLOS A LOCAL DE CAFETERÍA CON SERVIZOS TURÍSTICOS COMPLEMENTARIOS

O Concello de Portas dentro da dinamización do seu territorio rural, tanto para potenciar o turismo como ofertar un servizo necesario e inexistente na zona propón adecuou a antiga escola de Briallos, situada nun local próximo ao Albergue Peregrino, como local de cafetaría e servizos turísticos complementarios ao albergue, sito no lugar de Castro. Deste xeito os camiñantes poderán desfrutar dunha área recreativa e de descanso, almorzar e desfrutar de pratos típicos da nosa gastronomía galega, ademais do servizo de hospedaxe xa existente.

AMPLIACIÓN DE LOCAL PARA SERVICIOS SOCIAIS

Ampliación á unha edificación existente no edificio de servicios sociais, de titularidade municipal ubicado na avenida de Ribadumia 25, para darlle o uso de almacén de roupa, alimentos e lavandería para as persoas con risco de exclusión do concello. A ampliación consta dunha planta baixa con dous locais, un destino aos alimentos e outro para a roupa, ademais dun terceiro local para a lavandería.

ACONDICIONAMENTO DA AMPLIACIÓN CENTRO DE NOVAS TECNOLOXÍAS EN PAZO VISTA REAL

Ampliación do centro de formación de novas tecnoloxías na primeira planta. Na actualidade a planta baixa está dedicada a cursos de formación de informática, cursos de manexo de drons, etc, pero debido a gran demanda o Concello precisa de mais espazo para impartir este tipo de formación os seus veciños. Vanse a acondicionar dúas amplas aulas pechadas , unha sala de traballo, aseos, vestíbulo-distribuidor.