ADQUISIÓN FORNO DE CERÁMICA E ACONDICIONAMENTO LOCAL PARA INSTALACIÓN EXTERIOR

O promotor ten previsto o acondicionamento dun local na zona exterior dunha edificación municipal existente, o CODI, e a adquisición e instalación dun forno de cerámica para a posta en marcha dun taller obradoiro de cerámica dirixido a persoas con diversidade funcional. A posta en marcha realizase en colaboración con ASDIVALU (Asociación de persoas con discapacidade dos Vales Ulla Umia) de voluntarios. Con este proxecto prestarase un servizo de igualdade e benestar que mellore a calidade de vida das persoas con diversidade funcional que incremente o nivel educativo e as capacidades dos individuos participantes, que implique a oferta de unha nova actividades de ocio e tempo libre e integración de persoas con discapacidade.

ADECUACIÓN DA ANTIGA ESCOLA DE BRIALLOS A LOCAL DE CAFETERÍA CON SERVIZOS TURÍSTICOS COMPLEMENTARIOS

O Concello de Portas dentro da dinamización do seu territorio rural, tanto para potenciar o turismo como ofertar un servizo necesario e inexistente na zona propón adecuou a antiga escola de Briallos, situada nun local próximo ao Albergue Peregrino, como local de cafetaría e servizos turísticos complementarios ao albergue, sito no lugar de Castro. Deste xeito os camiñantes poderán desfrutar dunha área recreativa e de descanso, almorzar e desfrutar de pratos típicos da nosa gastronomía galega, ademais do servizo de hospedaxe xa existente.

HOSTAL DE 3 ESTRELAS CON ESPAZO PARA SERVIZO DE ALMORZOS E DEGUSTACION DE PRODUTOS

A promotora proxecta realizar unha nova construción, nun terreo situado no lugar de Valboa, parroquia da Armenteira, concello de Meis, onde xa existe unha vella construción totalmente en ruínas, para poder abrir un establecemento turístico, un HOSTAL DE TRES ESTRELAS.A nova edificación terá aproximadamente 174 m2, onde se dispoñerá dunha sala común para servir os almorzos e ofertar a degustación de produtos típicos da zona, e terá tres cuartos dobres, polo que se ofertará un total de 6 prazas.

FAITEBO RESIDENCIA, ADESTRAMENTO E ACICALAMENTO CANINO

Este negocio consiste nun centro para a hospedaxe de animais. este centro dedicarase ao coidado e garda de mascotas da especie canina pola necesidade dos clientes de deixar aos seus animais ao coidado de alguén mentres se ausentan do seu domicilio. o obxectivo de este centro e polo tanto, satisfacer as necesidades das persoas que teñen animais de compañía da especie canina e que non poden proveelos de todos os coidados necesarios en todas as épocas do ano.