O GDR Salnés-Ulla-Umia conmemora o Día Mundial da Eliminación da Violencia contra a Muller cunha nova proposta: ‘O Rural contra a violencia de xénero’. O 13 de novembro realizouse a ruta xacobea A TRASLATIO co obxectivo de dar visibilidade ás mulleres rurais que residen en poboacións do rural galego e, en concreto, nos dezaseis concellos que forman este GDR.
Este roteiro marítimo fluvial está considerado como a Orixe do Camiño: segundo a tradición xacobea, é o percorrido que fixeron os discípulos do Apóstolo en barca para trasladar o seu corpo a Compostela.
A ruta comezará en Vilanova de Arousa, polo Río Ulla. Pasará polos concellos de Catoira e Valga para rematar en Pontecesures. No porto cesureño lerase un manifesto e realizarase unha videoconferencia con representantes da Xunta de Galicia, que será simultánea cos vinte catro GDRs de toda Galicia.
De xeito paralelo, a Caravana Morada estará instalada durante toda a mañá na praza de abastos de Pontecesures, ofrecendo asesoramento e información en violencia de xénero.
Agradecemos a tódol@s participantes, asociacións de mulleres, membros da Xunta Directiva e veciñ@s por solidarizarse para dicir un NON rotundo á violencia de xénero.