Boas noticias para os GDRs de Galicia e sen dúbida para o GDR SALNES ULLA UMIA, onte tivemos unha reunión telemática co Conselleiro de Medio Rural, José González, Inés Santé Riveira, Directora Xeral da AGADER e o noso Presidente Juan Manuel Vidal Seage, xunto co resto dos grupos, onde se confirmou o funcionamento do programa LEADER ata o ano 2023 cunha achega adicional de fondos de 3,2M€ aos xa asinados o pasado mes de decembro para os anos 2021-22.
Todo isto supón a implicación dos GDRs en actividades e funcións tales como o asesorar e promover a participación dos axentes locais na elaboración, desenvolvemento e execución de plans, proxectos e actuacións promovidas por AGADER. Os grupos van a contar cunha dotación de case 23 M€ para financiar proxectos ao amparo do LEADER nestes vindeiros anos, programa vital para o desenvolvemento rural das nosas comarcas SALNES ULLA UMIA e mais nestes tempos de crisis sanitaria e económica.
Grazas ao programa LEADER vanse financiar proxectos tanto non produtivos de tipo social como de carácter produtivo, do sector primario e de outras actividades económicas que contribúen ao desenvolvemento rural, de tal xeito que todas estas iniciativas van a ter incidencia directa na diversificación económica no ámbito económico e nos servizos básicos á poboación.
A Consellería segue apostando polo rural das nosas comarcas, xa que é unha das primeiras comunidades autónomas en garantir a continuidade do programa LEADER xunto cos GDRs ata o 2023, cunha dotación total de 35M€, distribuídos entre axudas aos proxectos, gastos de funcionamento dos GDRs, cooperación e preparación das novas estratexias para o seguinte período.