Ás 20:00 horas daba lugar a primeiras reunións da Mesa Sectorial Cultural e de Moz@s, a Mesa do Sector Institucional do GDR SALNES ULLA UMIA, celebradas en Exposalnés, Cambados, no Paseo da Calzada, para dar conta da constitución destas mesas Sectoriais do programa actual 2014-2020, explicar a situación actual dos traballos para presentar á nova candidatura ao programa de axudas LEADER 2023-27, así como o nomeamento de representantes destes sectores cara a Xunta Directiva, os cales resultaron elixidos a Asociación de Veciños o Batuqueiro de Vilariño, a Asociación Xuvenil Arousa Moza e o Concello de Portas.
A continuación celebrouse a Asemblea Xeral Extraordinaria para a presentación da candidatura do GDR SALNES ULLA UMIA como entidade colaboradora da Xunta de Galicia para a xestión da medida LEADER de Galicia 2023-2027.
Os traballos preparatorios iniciáronse o pasado 2 de xuño, data na que se publicaron as bases reguladoras para a selección de organizacións candidatas a converterse en entidades colaboradoras na medida Leader de Galicia para o período 2023-2027.
Nesta nova candidatura se fixo necesarios a modificación dos estatutos para cumprir coas condicións establecidas para o novo período, xa que obriga a ter 21 membros na Xunta Directiva, polo que é moi importante a participación activa dos socios e outras entidades do territorio nas actuacións preparatorias.
Tamén se destacou na reunión, a participación dos axentes das nosas comarcas no proceso participativo para elaborar a nova estratexia do territorio, xa que para optar a converterse en entidade colaboradora da medida LEADER de Galicia para o período 2023-2027, o GDR deberá desenvolver entre outras as seguinte actuacións: Elaboración dunha análise e diagnóstico do contexto territorial, socioeconómico e normativo, elaboración dunha análise exhaustiva da evolución dos programas europeos de desenvolvemento rural nos períodos de programación anteriores, deseño de liñas estratéxicas e propostas de actuación para incluír na futura estratexia, coherentes coas características, necesidades e potencialidades do territorio afectado.
Tamén se aprobaron outros puntos da orde do dia como son a aprobación das contas anuais 2021, a memoria o Orzamento e o Plan de actuación 2022, así como o Informe Anual de Avaliación e Seguimento 2021.
Recordamos que o GDR segue a traballar co principio de “Portas abertas” dende a súa creación, e calquera asociación, entidade ou organismo pode asociarse ao noso GDR co obxecto de impulsar e dinamizar o noso rural, tal como ven facendo neste período e en anteriores. Tan só é necesario presentar por rexistro a ficha socio e certificado de adhesión que se poden descargar na nosa web ou contactando coa nosa oficina.
Tamén se vai a informar que de cara a xaneiro do próximo 2023 reservase a última convocatoria de axudas da que no se coñece aínda a contía global con cargo ao presente período 2014-2022.
Faite socio do GDR Salnes Ulla Umia, pódese adherir calquera entidade interesada en formar parte do Grupo de Desenvolvemento Rural.
Os teléfonos 986 744 909- 650 255 914 está dispoñible para a resolución de posibles dúbidas.