NOTA DE PRENSA
INTERRITMOS: SONS DO RURAL no Náutico de San Vicente do Mar
Proxecto promovido polas Agrupacións de Desenvolvemento Rural (GDR) Asociación de Desenvolvemento Local Deloa, Salnés-Ulla-Umia, Asdecomor e Ribeira Sacra-Courel, entidades colaboradoras da Consellería de Medio Rural en virtude do convenio asinado coa Axencia Galega de Desenvolvemento Rural. (AGADER), no marco da Medida Leader do PDR de Galicia 2014-2020 e que busca a promoción do patrimonio musical galego.
Este proxecto de cooperación busca potenciar a cultura como motor de desenvolvemento territorial, así como dar visibilidade e promover a profesionalización de grupos e bandas que apostan pola evolución da música tradicional e de raíz.
A xornada comezou coa charla coloquio Ao son do Tradi-Trap, na que Marta Gómez, xornalista especializada no ámbito cultural e novas tecnoloxías da TVG, entrevistou a Xaquín Xesteira, fundador e gaiteiro de Treixadura e a Ortiga, músico, cantante e compositor e no que se abordou o tema da evolución da música desde as interpretacións tradicionais ás máis actuais da música de raíz.
Pola tarde tivo lugar a audición final na que participaron os seis finalistas de INTERRITMOS SONS DO RURAL. O xurado formado por Olga Kirk, Fransy González, Chema Cebeiro e Santi Castromán.
ABRIL e TUMBA E DALLE, proclamáronse gañadores desta edición coa que, ademais de gravar nun estudio profesional, actuarán en directo no Festival da Luz, e participarán nun circuíto musical en Muros, Mesía, Folgoso do Courel. e Triacastela