A finalidade das axudas é acadar un desenvolvemento territorial equilibrado
O GDR Salnés-Ulla-Umia é un dos 24 Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR) máis activos que hai en Galicia, pois abarca concellos de gran relevancia na comunidade autónoma. Co obxectivo de dinamizar o rural galego, o apoio aos proxectos a través dos fondos europeos é clave no progreso da área, que está formada por 16 concellos con máis de 145.000 habitantes. O turismo é un sector fundamental das zonas incluídas no GDR Salnés-Ulla-Umia, co Grove e Sanxenxo como principais reclamos.
O turismo é un sector fundamental das zonas incluídas no GDR Salnés-Ulla-Umia, co Grove e Sanxenxo como principais reclamos
A importancia dos proxectos privados financiados polo GDR, que desenvolve e executa o programa europeo Leader, reflectiuse o ano pasado na creación e consolidación de 104 postos de traballo. A estratexiado GDR Salnés-Ulla-Umia céntrase na transversalidade, tendo en conta a aposta pola innovación e o crecemento dos diversos sectores con presenza no territorio, como a agricultura, pesca, alimentación, artesanía, turismo rural, servizos sociais ou medio ambiente.As infraestruturas portuarias e os cultivos, favorecidos polo bo clima, tamén son industrias claves.