A Consellería de Economía e Industria anunciou que dende o vindeiro xoves, 27 de febreiro, ata o 26 de marzo, as empresas do sector forestal poderán solicitar axudas á Xunta para reformar instalacións e adquirir maquinaria e equipamentos novos e máis avanzados.
Este programa de axudas da Axencia Galega da Industria Forestal, que depende da Consellería de Economía e Industria, contará cun orzamento de 10 millóns de euros para o período 2025-2026, cunhas axudas que oscilan entre os 50.000 e os 200.000 euros.
En concreto, a convocatoria inclúe 5 liñas:
– Para maquinaria de tratamento forestal
– Medición de masas forestais
– Para a comercialización de castañas e resinas
– Para a compra de equipos portátiles e maquinaria para a clasificación automática de madeira e produtos aserrados
– Para a medición e trazabilidade do inventario forestal e da madeira aproveitable.