Consellería do Medio Rural
ORDE do 11 de xullo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o fomento da utilización de maquinaria agrícola en réxime asociativo en Galicia, financiadas co instrumento de recuperación da Unión Europea (EURI) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento MR351A).
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230726/AnuncioG0426-110723-0002_gl.html
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).
Primeiro. Entidades beneficiarias
Poderán ser beneficiarias destas axudas
– Cooperativas agrarias
– Cooperativas de utilización de maquinaria en común (CUMA).
– Cooperativas de explotación comunitaria da terra de 5 ou menos anos de antigüidade.
– SAT procedente de fusión de, polo menos, dúas explotacións, nos últimos 5 anos naturais.
Segundo. Obxecto
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para a utilización de maquinaria agrícola en réxime asociativo no marco do Programa de desenvolvemento rural (en diante, PDR) de Galicia 2014-2020, financiadas co instrumento de recuperación da Unión Europea (EURI), cunha participación do 100 % de fondos da UE, dentro da medida 4 Investimentos en activos físicos, submedida 4.18 Apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas, así como convocalas para o ano 2023.
Para iso, serán subvencionables os seguintes investimentos:
a) Maquinaria agrícola.
b) Estudos técnico-económicos de viabilidade.
Non se subvencionarán:
a) A mera reposición ou adquisición de maquinaria de segunda man ou usada.
b) O IVE e outros impostos.
c) Os investimentos en maquinaria ou equipamentos relacionados coa transformación e comercialización de produtos agrarios ou forestais nin as máquinas de pequena significación para os efectos do conxunto dos socios da agrupación.
d) A maquinaria e os equipamentos de carácter forestal.
e) Colleitadoras de forraxes cun uso previsto menor de 500 horas anuais.
f) A maquinaria de aplicación de xurro mediante sistemas de prato, abano ou canóns.
Terceiro. Bases reguladoras
Orde do 11 de xullo de 2023 pola que establecen as bases reguladoras das axudas para o fomento da utilización de maquinaria agrícola en réxime asociativo en Galicia financiadas co Instrumento de Recuperación da Unión Europea (EURI) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento MR351A).
Cuarto. Importe
Para a concesión das subvencións convocadas destinarase un crédito de 7.800.000 euros.
O importe da axuda que se concederá a cada beneficiario será do 35 % dos custos elixibles, que se poderán incrementar ata un máximo do 50 % en función da aplicación dos seguintes criterios:
– 5 % no caso de investimentos en zonas con limitacións naturais ou outras limitacións específicas recollidas no artigo 32 do Regulamento (UE) 1305/2013.
– 10 % por investimentos colectivos cando o beneficiario procede dunha fusión de cooperativas.
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes.
O prazo para a presentación de solicitudes é dun mes desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2023