A Caravana Morada fixo parada no concello de O Grove este venres en horario de mañá, aproveitando a gran afluencia dos veciños por mor do mercadillo semanal.
As técnicas do GDR SALNES ULLA UMIA, Arancha Pérez, Montserrat Padín e Sandra Roma intercambiaron impresións sobre a violencia do xénero co Alcalde de O Grove Jose Antonio Cacabelos e a concelleira Angeles Domínguez. A psicóloga e maila axente de igualdade da Caravana Morada ofreceron información sobre os recursos de igualdade do Concello e atenderon numerosas consultas.
A Caravana é un punto de información e asesoramento que pretende visibilizar o rexeitamento comunitario do acoso e agresións de xénero. Dispón de profesionais especializados en psicoloxía contra a violencia de xénero, criminoloxía e técnico de igualdade que ofrecerán este servizo itinerante de xeito gratuíto a mulleres e público en xeral.
A caravana vai cumprir con todos los protocolos de seguridade COVID 19 en todo o seu proceso de actuación, ademais entregarán documentación informativa e pulseiras lazo.