A Caravana Morada continua a súa andaina polos concellos do Salnés Ulla Umia, esta vez o MARTES 27 de NOVEMBRO no Concello de Valga no Centro de Saúde.
Esta actividade leva dende o mes de setembro visitando os Concellos das nosas comarcas, tendo bastantes consultas por parte dos veciñ@s. Ao principio se acercan pola singularidade da caravana e para coller de balde a pulseriña morada pero despois se animan para solicitar información sobre a violencia de xénero. Dende o equipo técnico do GDR SALNES ULLA UMIA detectamos a necesidade de actividades innovadoras coma esta para concienciar á poboación deste grave problema.
Este proxecto foi proposto polo GDR SALNES ULLA UMIA dentro del Pacto de Estado contra a violencia de xénero, está financiado a través dun convenio entre Vicepresidencia da Xunta de Galicia e maila Consellería de Medio Rural por un importe de 14.000 euros e vai prestar o seu servizo nos concellos das comarcas do Salnés Ulla e Umia.
A Caravana é un punto de información e asesoramento que pretende visibilizar o rexeitamento comunitario do acoso e agresións de xénero. Dispón de profesionais especializados en psicoloxía contra a violencia de xénero, criminoloxía e técnico de igualdade que ofrecerán este servizo itinerante de xeito gratuíto a mulleres e público en xeral.
O GDR SALNES ULLA UMIA, como entidade involucrada no desenvolvemento rural, entende que a importancia da muller no rural é vital para súa economía, tendo en conta que o número de explotacións agrogandeiras na nosa comunidade autónoma ronda o 50%, cifra moi superior ao promedio nacional.