A Aceleradora da Ría de Pontevedra, promovida por AJE Pontevedra e financiada a través do Plan Social de ENCE, chega este ano á súa sexta edición, consolidando a súa traxectoria de impacto real no tecido empresarial local.
Esta nova edición mantén o seu compromiso cun modelo integral de apoio ao emprendemento sostible, dirixido a emprendedores, startups e empresas novas con menos de 42 meses de actividade, cun especial enfoque en iniciativas vinculadas á sostibilidade, a innovación, a economía circular e a transformación empresarial responsable.
Nesta sexta edición, o programa seleccionará 14 novos proxectos, que participarán nun programa intensivo de formación especializada, mentoría personalizada e apoio estratéxico, con máis de 200 horas de formación e titorización ao longo de todo o proceso.
Unha das características distintivas da Aceleradora da Ría de Pontevedra é a súa capacidade para apoiar proxectos máis alá da fase de validación inicial. Con este obxectivo, lanzouse o ano pasado Scale-Up Ría de Pontevedra, unha iniciativa estratéxica destinada a dar continuidade a aqueles proxectos que xa pasaron pola aceleradora e se enfrontan a novos retos relacionados coa súa consolidación, crecemento e escalabilidade.
Solicitudes e detalles de inscrición en: www.ajeaceleradora.com
Prazo de inscrición para o Acelerador da Ría de Pontevedra: do 12 ao 29 de maio de 2025





