A convocatoria é trianual e o prazo de presentación comeza hoxe 2 de febreiro e esténdese ata o 6 de abril de 2026.
Animamos a tódolos emprendedores, empresas, autónomos, asociacións sen ánimo de lucro, as CMVMC e concellos que se poñan en contacto connosco.
Poderase financiar iniciativas que supoñan a posta en marcha de proxectos produtivos xeradores de emprego e autoemprego, e non produtivos que beneficien á poboación rural e non supoñan unha actividade económica.
Consulta as bases e cubre a ficha que achegamos para a valoración do teu proxecto:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260202/AnuncioO90-020126-0004_gl.pdf+
Modelo Ficha Solicitude (descarga aquí)





