O GDR SALNÉS–ULLA–UMIA CELEBRA A SUA ASEMBLEA XERAL ONDE DA CONTA DA PROPOSTA DA AXUDAS PARA OS PROXECTOS DA CONVOCATORIA LEADER 2025–2026, CUN INVESTIMENTO TOTAL DE MÁIS DUN MILLÓN DE EUROS
O Grupo de Desenvolvemento Rural Salnés–Ulla–Umia celebrou onte a Asemblea Xeral no PAZO VISTA REAL no Concello de Vilanova de Arousa, na que se aprobou entre outros asuntos, as Contas Anuais do exercicio e Memoria Anual 2024, orzamento e plan de actuación para 2025 e o Informe Anual de Avaliación e Seguimento 2024.
Nesta reunión o Presidente do GDR informou das propostas de aprobación das axudas da convocatoria 2025-26, onde se presentaron 20 proxectos cun orzamento case de 1,2M€ e unha axuda proposta de 430.000€ para os proxectos presentados.
Na tipoloxía de entidades locais, se presentaron unha gran variedade de iniciativas, dende actuacións de valorización do patrimonio cultural, tales coma a rehabilitación dos cruceiros ubicados nos Concellos de Meis e da Illa de Arousa, e o proxecto do Concello de Caldas de Reis de iluminación artística da ponte sobre o río Bermaña e a posta en valor e accesibilidade da contorna da Igrexa de Santa María de Besomaño presentado polo Concello de Ribadumia. Outras actuacións presentadas foron o proxecto de promoción turística do Concello de Moraña e o parque de calistenia do Concello de Valga. Tamén houbo iniciativas relacionadas coas enerxías renovables e aforro enerxético e tales coma a instalación dun novo punto de recarga para vehículos eléctricos no Concello de Portas.
Por outra banda, o Concello de Meaño destinou os fondos LEADER á un proxecto de mellora de accesibilidade aos maiores no seu centro de día, o Concello de Cambados presentou un proxecto de construción dun miradoiro en Corbillón cerca do coñecido Muíño das Mareas, o Concello de Sanxenxo un proxecto de accesibilidade para a praia de Agra e cadeiras anfibias destinadas ás persoas co mobilidade reducida.
Dentro da tipoloxía de proxectos privados non produtivos presentados, resaltar a proposta de axuda en favor da Asociación Unión Musical de Meaño, que presentaron un proxecto para poñer en valor o patrimonio musical no concello e tamén na comarca a través da adquisición de instrumentos musicais e unhas tarimas para as actuacións que realicen.
Na tipoloxía de proxectos produtivos, referente ás empresas e/ou autónomos, se presentaron un total de sete proxectos, cun orzamento conxuntode mais dun millón de euros, finalmente, catro foron seleccionados para recibir axuda, superando os 300.000 €, mentres que os restantes quedan en lista de agarda á espera de novos fondos.
Entre os proxectos aprobados destacan iniciativas innovadoras e pioneiras na comarca, como:
A creación dunha biorrefinería centrada na valorización de algas de arribazón e plantas medicinais galegas, mediante procesos sostibles e tecnoloxía avanzada. O primeiro crematorio para mascotas da comarca do Salnés, que ofrecerá servizos personalizados de cremación e velorio. Un campamento turístico, tipo glamping, no Concello de Cuntis, inexistente ata o momento nesta zona. A modernización dunha carpintaría rural mediante tecnoloxía 4.0, que permitirá dixitalizar a empresa e mellorar a súa rendibilidade.
A maioría destes proxectos están promovidos por mozos e mulleres emprendedor@s, xerando emprego e contribuíndo á dinamización do tecido económico e social da comarca do Salnes Ulla Umia, en consonancia cos obxectivos estratéxicos do programa LEADER.
Showcooking e promoción do produto local
Como peche da xornada, celebrouse unha actividade de showcooking a cargo do Chef Alex Iglesias con degustación de produtos típicos da comarca, no marco do Proxecto de Cooperación “Produto Local PPP+”, no que participan catro GDRs de Galicia (GDR Terras de Pontevedra Norte, GDR Comarca de Lugo, GDR Comarca de Ordes, GDR Salnes Ulla Umia), cofinanciado polo programa LEADER 2024–2027.
Este proxecto nace para poñer en valor os produtos locais nos territorios rurais participantes, potenciando o seu consumo en establecementos de restauración e facilitando a súa promoción fóra das súas contornas naturais, mediante a participación en feiras e eventos, tanto en España como fora das nosas fronteiras.