PROMOTOR: CONCELLO DE RIBADUMIA
Nº EXPEDIENTE: 7119-17-0019
SITUACIÓN: Ribadumia
DESCRICIÓN:
A presente actuación é un proxecto para a accesibilidade e posta en valor da contorna da Igrexa de Santa María de Besomaño, na parroquia do mesmo nome no concello de Ribadumia, e no lugar de O Rial.
O obxectivo principal é mellorar o entorno próximo da igrexa, actuando sobre parte da praza existente e prevendo unha zona ordenada para a chegada de vehículos, establecendo unha zonificación clara dos usos para que non se superpoñan, e non se penalice a apreciación do conxunto da igrexa, cemiterio e a propia praza.

ORZAMENTO TOTAL: 30.402,97 €
AXUDA CONCEDIDA: 20.442,89 €
PORCENTAXE DA AXUDA: 67,20 %