A Xunta pon en marcha o novo Bono Remuda para garantir o mantemento dos negocios como dinamizadores do territorio e xeradores de riqueza e emprego.
O DOG publica hoxe esta innovadora convocatoria de 1,5 millóns de euros para impulsar a transferencia de empresas e garantir a súa permanencia no tecido produtivo galego, no marco do Plan Remuda da Rede de Polos de Emprendemento.
O Bono Remuda priorizará especialmente as transmisións no rural e -dentro destes- son os retornados ou estranxeiros os que se fagan cargo das empresas que pechan por xubilación ou por causas imprevistas, para establecer poboación.
As solicitudes de axuda poderán presentarse dende mañá ata o 30 de outubro.
Ligazón á orde no DOG: DOG