AGACA pon en marcha o obradoiro en liña “Emprendemento cooperativo no rural: oportunidades de negocio”. O seu obxectivo xeral é definir aspectos xerais e elementos necesarios para levar a cabo un proxecto de emprendemento cooperativo no rural, para o que se impartirán 5 sesións temáticas pola mañá.
30 de maio – Por que emprender? A importancia da motivación para emprender: importancia social e económica do emprendedor
PONENTE: Sra. Loli Couso Costa, técnico de AGACA.
1 de xuño – Elaboración do plan de emprendemento. Análise de viabilidade do proxecto: persoal, técnico/comercial e financeiro, previsión de resultados
PONENTE: D. David Vila López, técnico de AGACA.
6 de xuño – Xeración e maduración de ideas para un proxecto emprendedor no rural. Estratexias para levar a cabo as súas ideas con éxito
PONENTE: D. Higinio Mougán Bouzón, director xerente de AGACA.
8 de xuño – A fórmula cooperativa como modelo de emprendemento. A posta en marcha do proxecto. Posible apoio e axuda pública inicial para a posta en marcha do proxecto emprendedor
PONENTE: D. Carlos Ares Fernández, técnico de AGACA.
13 de xuño – Oportunidades de negocio para o emprendemento no rural: 12 exemplos
PONENTE: D. Demetrio Bedriñana Bañico, técnico de AGACA.
O programa completo pódese descargar aquí.
AGACA organiza esta actividade, que se enmarca no programa de actuación 2022 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración promovida pola Dirección Xeral de Emprego, Autoemprego e Economía Social da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade para o fomento das cooperativas e a economía social que está financiada pola Consellería de Traballo e Economía Social.