Estas actividades teñen como motivo a celebración do 25N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, por iso, o GDR SALNÉS ULLA UMIA en colaboración con AGADER (Consellería de Medio Rural), a Secretaria Xeral de Igualdade e a Axencia Turismo de Galicia, entidades dependentes da Vicepresidencia Primeira do Goberno da Xunta de Galicia, imos realizar unha ruta pertencente ao Camiño A TRASLATIO, ruta marítimo fluvial dende o Porto de Vilanova de Arousa ata Pontecesures.
Como actividade complementaria contaremos coa CARAVANA MORADA para accións de información e asesoramento neste ámbito.
Tendo en conta as características propias de Galicia, un dos obxectivos principais deste evento é dar visibilidade ás mulleres que residen nas poboacións rurais de Galicia, un colectivo esencial para o desenvolvemento da nosa sociedade. E tendo en conta que este ano se celebra o Xacobeo 2021, aproveitamos para poñer en valor as diferentes rutas de peregrinación do Camiño de Santiago.
Con todo isto, e coa participación dos 24 GDR, que cubren a totalidade do territorio galego, queremos fomentar a presenza e participación das mulleres así como darlles visibilidade ás mulleres do noso rural, levando a cabo un tramo do Camiño para, a continuación, proceder á lectura do manifesto en contra da Violencia de Xénero.
Sábado 13 de novembro ás 10:00 horas Estación Marítima, Mar de Santiago (Vilanova de Arousa) RUTA A TRASLATIO
10:00 Recepción de participantes e entrega de agasallos co lema da actividade.
10:30 Saída na embarcación para percorrer LA TRASLATIO, a orixe do camiño.
12:30 Chegada ao Porto de Pontecesures e encontro na Praza de Abastos.
13:00 Lectura do manifesto contra a Violencia de Xénero.
13:15 Retorno en barco a Vilanova de Arousa e videoconferencia simultánea dos 24 GDRs galegos con representantes da Xunta de Galicia.
13:30 Degustación de produtos locais.
Sábado 13 de novembro actividades de información, asesoramento e atención psicolóxica con especialidade en violencia de xénero da Caravana Morada dende as 9:00-14:00 na Praza de Abastos de Pontecesures.
Pregamos confirmación de asistencia para poder participar nestas actividades (por motivos de aforo e protocolos COVID), mediante envío de correo electrónico cos seguintes datos: nome e apelidos, DNI, enderezo postal, teléfono, mail e asociación á que representa. Estes datos remitiranse a info@gdrsalnesullaumia.com ou no telefono 986 744 909.