O presidente da asociación e alcalde de Pontecesures, Juan Manuel Vidal Seage, e o director de Banca Agro de ABANCA, Jesús Combarro Pereira, asinaron un acordo que renova a aposta que mantén a entidade financeira co tecido empresarial de Galicia.
O banco e a asociación asinan un texto de colaboración para mellorar a competitividade e facilitar o emprendemento na comarca. Os proxectos vinculados ao sector agro gandeiro asociados ao GDR gozarán de mellores condicións na contratación de produtos da entidade financeira galega.
O convenio facilita que os empresarios e emprendedores da comarca con proxectos asociados ao GDR SALNES ULLA UMIA accedan a unha ampla oferta financeira con condicións melloradas respecto ao mercado.