Grazas ao convenio asinado pola Consellería de Medio Rural e Vicepresidencia da Xunta de Galicia, os GDRs van a ter un orzamento de 250.000€ para levar a cabo actuacións de prevención e sensibilización contra a violencia de Xénero.
No caso concreto do Grupo Desenvolvemento Rural SALNES ULLA UMIA, a súa proposta vai ser a coñecida Caravana Morada, unha iniciativa que vai traballar en colaboración cos 16 concellos da comarca. Foi inaugurada no concello de Portas polo seu Alcalde Ricardo Martínez xunto co equipo técnico do GDR, e para o pasado venres visitou o concello de Meaño, en ambas ubicacións, a caravana ofrecerá os seus servizos de atención en horario de mañá de 9:00 ata as 14:00 horas.
Esta caravana disporá de profesionais especializados en psicoloxía contra a violencia de xénero, criminoloxía e técnicos de igualdade que ofrecerán este servizo itinerante para chegar a tódolos concellos, mulleres e público en xeral.
A caravana do punto morado ten unha dobre compoñente, por unha banda concienciar e visibilizar o compromiso social e o rexeitamento das violencias de xénero e por outra banda o poder ofertar un servizo de atención técnica, psicolóxica de coordinación e de información ás mulleres que así lo demanden.
A situación de alarma sanitaria e o confinamento agravou o número de agresións e abusos, nos 98 días de duración do estado de alarma, as chamadas ao 016 incrementáronse en mais dun 40% con respecto ao mesmo período do ano anterior. O carácter itinerante deste servizo é unha gran vantaxe para intentar axudar ás mulleres e poboación en xeral que o precise.
Esta caravana vai cumprir con todos los protocolos de seguridade COVID 19 en todo o seu proceso de actuación. Entregarán documentación informativa e pulseiras lazo.
O GDR SALNES ULLA UMIA coa colaboración dos concellos das nosas comarcas quere aportar o seu granito de area ás políticas contra á violencia de xénero, tendo en conta que o papel que ten a muller na economía do rural galego. O 80% dos casos de violencia que se dan nas poboación rurais, non son denunciados nin ante as autoridades correspondentes nin no propio entorno da vítima.