Grazas a invitación recibida polo alcalde de Pontecesures, Juan Manuel Vidal Seage, o GDR puido colaborar no proxecto “O Camiño Sostible”, o pasado fin de semana na Praza de Abastos de Pontecesures.
Neste proxecto se busca por en valor os recursos e valores das nosas comarcas relativas co Camiño e por suposto todo os sectores económicos e turísticos da zona. A xerente fixo unha presentación do GDR con vídeos dos membros da Xunta Directiva, entre eles o propio Presidente do grupo, o Subdirector de Agader Javier Blanco e outros socios. Explicouse os obxectivos desta asociación e a importancia dos fondos LEADER para o desenvolvemento económico e social do territorio, diversificación de actividades e servizos, e para a creación de empregos e fixación da poboación no rural.
Ademais foi introducindo proxectos moi diversos levados a cabo nas comarcas Salnés Ulla e Umia coa axuda do LEADER, e actuacións moi relacionadas co Camiño, tales coma o proxecto do albergue de Briallos en Portas, e a creación de dous hoteis para peregrinos no corazón de Caldas, paso obrigado para facer o Camiño de Santiago.
O GDR SALNES ULLA UMIA estivo acompañando e intercambiando sinerxías coa asociación de Valeiros de Pontecesures, con Manuel Garrido, experto no Camiño de Santiago e coa Navieira Bahía Sub, empresa encargada de levar aos peregrinos pola Variante Espiritual do Camiño.