A Caravana Morada continua a súa andaina polos concellos do Salnés Ulla Umia, esta vez hoxe Luns 28 de setembro no Concello de Caldas de Reis na Rúa Real en horario de 9:00-14:00 horas.
Hoxe tivemos a sorte de contar para a inauguración coa visita do Alcalde de Caldas, Juan Manuel Rey, con Manuel González, Teniente de Alcalde e membro da Xunta Directiva do GDR SALNES ULLA UMIA e co concelleiro Jacobo Pérez.
Este proxecto foi proposto polo GDR SALNES ULLA UMIA dentro del Pacto de Estado contra a violencia de xénero, está financiado a través dun convenio entre Vicepresidencia da Xunta de Galicia e maila Consellería de Medio Rural por un importe de 14.000 euros e vai prestar o seu servizo nos concellos das comarcas do Salnés Ulla e Umia.
A Caravana é un punto de información e asesoramento que pretende visibilizar o rexeitamento comunitario do acoso e agresións de xénero. Dispón de profesionais especializados en psicoloxía contra a violencia de xénero, criminoloxía e técnico de igualdade que ofrecerán este servizo itinerante de xeito gratuíto a mulleres e público en xeral.
O GDR SALNES ULLA UMIA, como entidade involucrada no desenvolvemento rural, entende que a importancia da muller no rural é vital para súa economía, tendo en conta que o número de explotacións agrogandeiras na nosa comunidade autónoma ronda o 50%, cifra moi superior ao promedio nacional.
A caravana vai cumprir con todos los protocolos de seguridade COVID 19 en todo o seu proceso de actuación, ademais entregarán documentación informativa e pulseiras lazo.