O GDR SALNES ULLA UMIA quere aportar o seu gran de area ás políticas contra á violencia de xénero, tendo en conta o papel que ten a muller na economía do rural galego. A Caravana Morada inaugura a súa andaina polos concellos do Salnés Ulla Umia, empezando polo Concello de Cambados este sábado 19 de setembro, na Praza do Concello, en horario de 9:00-14:00 horas.
Ao longo do mes de setembro visitará o día 25 o Concello de Meis na Praza de España e o día 28 o Concello de Caldas de Reis na Rúa Real. Nos meses de outubro e novembro seguirá o seu percorrido polos demais concellos das nosas comarcas.
Con esta actividade se quere a ofrecer un punto de información e asesoramento, onde vaise a visibilizar o rexeitamento comunitario do acoso e agresións de xénero. Esta caravana disporá de profesionais especializados en psicoloxía contra a violencia de xénero, criminoloxía e técnicos de igualdade que ofrecerán este servizo itinerante para chegar a tódolos concellos, mulleres e público en xeral.
A situación de alarma sanitaria e o confinamento agravou o número de agresións e abusos, nos 98 días de duración do estado de alarma, as chamadas ao 016 incrementáronse en mais dun 40% con respecto ao mesmo período do ano anterior. O carácter itinerante deste servizo é unha gran vantaxe para intentar axudar ás mulleres e poboación en xeral que o precise.
Esta caravana vai cumprir con todos los protocolos de seguridade COVID 19 en todo o seu proceso de actuación. Entregarán documentación informativa e pulseiras lazo.
O 80% dos casos de violencia que se dan nas poboación rurais, non son denunciados nin ante as autoridades correspondentes nin no propio entorno da vítima.
Dna. Arancha Pérez Cerezo
Xerente do Grupo de Desenvolvemento Rural Salnés-Ulla-Umia