PROMOTOR: CONCELLO DE A ILLA DE AROUSA
Nº EXPEDIENTE: L19-1920-17-0119
SITUACIÓN: O Monte – San Xulián – A Illa de Arousa
DESCRICIÓN:
O Centro de Interpretación da Conserva é unha antiga fábrica de conservas recuperada por iniciativa municipal que amosa o encanto vencellado ao labor das persoas e ao traballo do mar, memorando a dedicación dos seus cidadáns ao traballo que transcorre arredor da pesca, dos portos e da industria. O proxecto aporta unha visión innovadora ao turismo a través das TIC´S baseada na utilización da realidade aumentada, tentando desestacionalizar o turismo ofertando esta actividade aos centros educativos, asociacións, programas turísticos, etc.