EXPOSALNES, CAMBADOS
O GDR SALNES ULLA UMIA, dentro do Convenio asinado pola Secretaría Xeral da Igualdade e pola Consellería de Medio Rural, realizou unha serie de accións de sensibilización no seu territorio. Atendendo á existencia de Asociacións que traballan no ámbito da discapacidade, o GDR amosou o seu compromiso coa igualdade coa celebración dunha xornada dedicada a Violencia de Xénero nun dos sectores máis vulnerables da nosa sociedade: as nenas e mulleres con discapacidade.
As persoas que dirixiron esta xornada foron Laura Seara Sobrado, avogada e consultora, exdirectora do Instituto da Muller, exsecretaria de Estado de Igualdade, Voceira da “Comisión para las Políticas Integrales de la Discapacidad”, Asesora Xurídica do CERMI, y Mª Jesús Boo Montes Avogada e consultora e coautora do Estudo sobre o acceso á xustiza das mulleres con discapacidade. Ambas van expoñer unha visión especializada sobre o tema, interaccionando co público asistente nun coloquio posterior.
Nesta xornada ademais presentouse o vídeo “NON CO MEU MOBIL” (que se pode visualizar no enlace: https://youtu.be/htl32U1yDi4, dirixido a xuventude onde se vai a remarcar os signos non visibles da violencia de xénero entre os rapaces, hoxe en día, coas novas tecnoloxías. A relevancia deste vídeo e a sensibilización das conductas que nestes tempos teñen lugar en Internet e Redes sociais. Vai ser un recurso que se cederá a Institutos, colexios, clubs xuvenís, etc.