Dende o GDR SALNES ULLA UMIA e maila Asociación de GDRs de Galicia estamos a levar a cabo o Proxecto “A gastronomía fai camiño” beneficiario do Programa O teu Xacobeo, impulsado pola Xunta de Galicia.
Os obxectivos do proxecto son a elaboración dunha guía de pratos tradicionais, de producións locais e de tempada polas comarcas por onde transcorren os distintos Camiños de Santiago e a realización de degustacións destas receitas convidando aos restaurantes dese Camiño coa finalidade de animar aos hostaleiros a ofertar un menú elaborado con producións locais, tradicionais e de tempada, para as persoas que peregrinen e ao turismo en xeral.
A través do proxecto a gastronomía fai camiño pretendese tamén dar a coñecer as tradicións asociadas a estes produtos.
A terceira degustación organizada pola Asociación de GDRS en colaboración co GDR Salnés Ulla Umia terá lugar o día 9 de outubro as 18:30h no Restaurante O Muiño da Chanca en Dena (Meaño) no percorrido da Ruta Mar de Arousa e Río Ulla.
Están convidados a participar os restaurantes da Ruta Mar de Arousa e Río Ulla.
Máis Información: wwww.gdrsalnesullaumia.com
650 255 914