As axudas destinadas á execución de proxectos do plan Leader foron ampliadas ata os 17,6 millóns de euros para as anualidades de 2019 e 2020, con motivo da alta demanda. O Diario Oficial de Galicia publicou este mércores a resolución da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.
O obxectivo da convocatoria teñen o obxectivo de desenvolver proxectos para dinamizar o medio rural galego, a través de iniciativas de carácter produtivo (de actividade económica) ou de interese público, social ou colectivo.
As beneficiarios poderán ser persoas ou entidades que solicitasen esta subvención a través dun dos 24 Grupos de Desenvolvemento Rural do territorio galego. Deste xeito, búscase mellorar as condicións para crear e emprego nestas zonas, ademais de dotar servizos á poboación, entre outras.